CASTELLANO / ENGLISH

No seu interior son características as cortinas de seda natural das fiestras e das portas montadas sobre galerías isabelinas. A presidencia da sala está ocupada por un cadro da Asunción da Virxe con dous apóstolos baixo un dosel vermello, da mesma cor que o tapizado de veludo da cadeira de brazos, cadeiras e bancos da sala.

Nas paredes da sala amósase un conxunto de lenzos dos séculos XVIII e XIX. As representacións de apóstolos sucédense coas dos bispos que no seu día formaron parte desta sede.

Chama a atención o sinxelo altar do século XVIII situado xunto á entrada. Ten un frontal con rico cordobán, de tons vermellos e dourados e bo debuxo. Na mesa do altar, ante a que os capitulares prestan xuramento antes de seren investidos, atopamos un Cristo de marfil do século XVII sobre unha cruz de madeira de ébano.

Cesta de compras