No interior da Catedral cativa o visitante pola súa sinxeleza, harmonía e beleza. O templo actual é un edificio de tres naves, con bóveda de cruzaría sobre arcos apuntados. Pódense observar os diferentes estilos nos que se foi construíndo, froito de ampliacións e reformas ao longo do tempo.
O románico consérvase na porta principal e na nave principal, así como nos seus capiteis. O estilo gótico aparece máis claramente no cruceiro, na sancristía, no cadeirado do coro ou no rosetón da súa fachada principal, así como nas pinturas da nave central. As ampliacións barrocas maniféstanse sobre todo na fachada despois das súas ampliacións.
En definitiva, un envoltorio barroco que alberga un templo medieval único que engaiola a todos os que o visitan.
Os conxuntos de vidreiras espallados pola catedral achegan luz ao interior do edificio, converténdoo nun espazo místico e espiritual. A súa principal vidreira é a do rosetón, que conserva o círculo central orixinal do anterior rosetón románico coa figura do Salvador. O resto do vidro recompúxose a principios do século XX segundo os antigos modelos medievais.
As demais vidreiras son do século XIX. Nos brazos do cruceiro, dúas vidreiras coas figuras de San Xosé e Santo Antonio Abade. Nas naves laterais, catro coas figuras dos evanxelistas. As outras catro comparten debuxos xeométricos e vexetais.
¡Visita nocturna especial! Disfruta de la Catedral de Mondoñedo como nunca antes la has visto en una visita nocturna especial que tendrá lugar el día 31 de octubre a las 20:00.
Reserva vía mail a cmondonedo@artisplendore.com o telefónicamente – llamando al 673 56 87 09.
¡Te esperamos!
El horario de octubre será de miércoles a sábado de 10.30 a 14.30 y de 16.00 a 18.00, siendo los lunes en horario de mañana (10.30-14.30) y los domingos de 13.00 a 18.30, salvo en los siguientes días, que se ve modificado el horario debido a celebraciones litúrgicas:/
16.10.25: 10.30-11.30 | 14.00-18.00
19.10.25: 13.00-18.00
25.10.25: 10.30-14.30 | 16.00-17.30
29.10.25: 10.30-14.30
* Última entrada 45 minutos antes