O cadeirado do coro atópase situado nun emprazamento diferente ao orixinal. Inicialmente situábase no centro da nave principal e dividía así a vía sacra, como é costume nas catedrais españolas. O coro orixinal deste emprazamento era de pedra, substituído polo cadeirado que aínda conservamos e decorado polas pinturas murais que se conservan baixo os órganos. Nos anos 60 producíronse importantes reformas na catedral, unha delas foi o traslado do cadeirado. A metade deste, a que estaba situado máis ao pé da basílica, na súa mesma forma, situouse no transepto. O resto das cadeiras colocáronse a ambos os lados do presbiterio na capela maior. En total fan 59 sitiais.
Trátase dun cadeirado de nogueira, do s. XVI. Foi mandado construír polo bispo D. Diego Pérez de Villamuriel. De estilo gótico e renacentista flamíxero, contén decoración xeométrica e floral con fermosos motivos.