As campás ao son do Camiño

O vindeiro domngo 6 de novembro, organizado pola Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia, terá lugar na Praza da Catedral de Mondoñedo un acto de toque manual das campás da nosa catedral. Un patrimonio inmaterial que, como subliña a organización, «debemos protexer». Será a partires das 13:15 horas, pero previamente, poidendo escoitar ao longo da mañá diversos toques.

Nesa mesma xornada, pero ás 12:00 horas, está prevista unha eucaristía no templo, presidida polo bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos.