A historia da catedral de Mondoñedo comeza na veciña localidade de Foz, onde estivo situada a sé catedralicia entre os séculos IX e XI.
No concilio de Palencia aprobábase o traslado da sé a unha localidade coñecida como Vilamaior de Brea, orixe da actual cidade de Mondoñedo. A catedral mindoniense levantouse en estilo románico pero, co paso do tempo, o templo sufriu transformacións que afectaron ao seu deseño, como a reconstrución, en clave barroca, da fachada occidental, á que se engadiron dúas torres.