Belén 2025

As campás de Mondoñedo anuncian o Nadal

  • Valentín Ínsua, herdeiro dunha saga de campaneiros e gardián dos toques tradicionais da catedral, acenderá o espírito do Nadal co seu pregón

A catedral de Mondoñedo celebrará este venres 5 de decembro ás 19.30 horas a inauguración do seu monumental belén, nun acto que incluirá o pregón a cargo de Valentín Ínsua, histórico campaneiro do templo mindoniense. O acto, aberto ao público, conta coa organización desde o cabido catedralicio e a colaboración do Concello de Mondoñedo e diversas entidades sociais e culturais da cidade.​ A bendición do belén faraa o bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.

Tras o pregón poderase escoitar un concerto de música do Nadal, grazas a colaboración da Asociación Sendeiriña de Mondoñedo, a cargo do Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro, na terceira edición do Festival Panxoliñas no Camiño.

E como na edición anterior, os visitantes poderán disfrutar das alfombras de Nadal que prepararon os membros da Asociación de Alfombristas de Galicia.


O belén

O monumental nacemento prepárase grazas á colaboración da Asociación de Belenistas de Mondoñedo. Durante as últimas semanas viñeron traballando durante moitas horas para instalar un dos nacementos máis grandes da provincia de Lugo. O ano pasado foron miles de persoas as que o visitaron e este ano espérase volver alcanzar a cifra. O nacemento está aberto ao público e pódese visitar no horario de apertura da catedral, que habitualmente é de 10 a 14:00 horas e de 17 a 20:00 horas.


Un belén cun pregón consolidado

A bendición e apertura do belén da catedral converteuse nos últimos anos nun sinal de identidade do Nadal mindoniense, unindo liturxia, tradición popular e vida cultural na contorna do casco histórico. Distintas figuras do mundo da cultura e da música galega teñen asumido o pregón en edicións anteriores, como o escritor e xornalista Ramón Loureiro ou o compositor ferrolán José Manuel Couce Fraguela, o que consolidou o acto como unha cita destacada no calendario navideño da diocese.


O pregoeiro: Valentín Ínsua

O encargado de abrir o belén deste ano será Valentín Ínsua, unha das figuras máis recoñecidas da catedral pola súa condición de campaneiro titular e polo profundo coñecemento que posúe do edificio e da súa historia. Procede dunha familia vencellada ás campás desde hai máis de oito décadas e é considerado un dos últimos campaneiros tradicionais de Galicia, responsable de conservar toques manuais únicos e de transmitilos ás novas xeracións.​

O pregoeiro deste ano é moi especial, non só polo que significa en Mondoñedo, senón porque co pregón alcanza a xubilación como empregado da catedral. Desta maneira, o cabildo catedralicio quere agradecer o seu traballo de servizo ao templo nai da diocese. De feito, ao mediodía terá unha comida de despedida cos membros do cabido.

Ínsua comezou a subir ao campanario sendo un neno, acompañando ao seu tío, e co tempo asumiu o oficio que antes exerceran familiares seus, chegando a ser o único campaneiro en activo nunha catedral galega. Alén do seu labor nas grandes solemnidades litúrxicas, participa tamén en concertos e iniciativas de difusión do patrimonio campaneiro, onde explica a historia e a música das campás da seo, entre as que destaca “Paula da Asunción”, considerada a campá máis antiga de Galicia e un auténtico símbolo de Mondoñedo.​

Ademais de campaneiro, Valentín Ínsua traballa como empregado da propia catedral, ocupándose de diferentes tarefas de apoio ao cabido e de atención aos visitantes, o que o converte nun dos rostros máis coñecidos para quen se achega ao templo.

486421691_1060814726089327_3683016700875988713_n

Conciertos y pregón, antesala de la Semana Santa de Mondoñedo

La catedral de Mondoñedo comienza a prepararse para las celebraciones de la Semana Santa que tendrán lugar en el primer templo de la diócesis mindoniense. Además de los actos litúrgicos y de las procesiones habituales (ver programa), también se han organizado otros actos que tendrán lugar en los próximos días.

El primero de ellos es un Concierto de Cuaresma a cargo de la Banda Naval de Viveiro. Será el próximo sábado 5 de abril a las 20:00 horas con entrada libre hasta completar el aforo. Esta agrupación musical cuenta con una trayectoria de más de veinte años, lo que la ha convertido en un referente cultural en la localidad de Viveiro. Suele participar activamente en los eventos más significativos de la ciudad, convirtiéndose en una parte esencial de las celebraciones y tradiciones locales.

El segundo acto será la lectura del pregón de Semana Santa, en esta ocasión a cargo de la periodista Reyes Rego Eimil. Dicho acto será el siguiente sábado, 12 de abril, a las 20:00 horas, en la nave central de la catedral. La autora del pregón de este año es una conocida periodista de la Televisión de Galicia que, aunque natural de A Coruña, pasó su infancia y adolescencia en Mondoñedo, donde conserva muchas amistades. En la ciudad realizó sus estudios hasta el Bachillerato. En el año 2001 obtuvo la licenciatura de Comunicación Audiovisual y, desde el año siguiente, trabaja en este medio audiovisual, donde es un rostro muy conocido. El acto concluirá con un concierto de la Escola de Música Mestre Pacheco, que interpretará algunas piezas de música sacra.